Nese preciso instante
Nunca pensei que chegara ese momento no que, finalmente, puiden afirmar con completa seguridade que me perdín irremediablemente naquelas escuras cavernas sen algún ápice de luz ao que o resto das persoas coñecían como os teus ollos.
Nese inesperado intre puiden asegurar que finei dunha morte súbita nada máis ter escrutado aqueles grandes furados, neses torbellinos, nesa gran tormenta que me absorbía cada vez que contemplaba aquelas pupilas, cada vez que me quedaba prendida daquela exquisita mirada.
Nese preciso instante puiden dicir que namorara de ti.

Comentarios
Publicar un comentario