O demo e eu
O demo e eu. Eu e o demo. Sento na cadeira fría e ríxida do meu cuarto, na escuridade da miña mente, da escuridade da vida pasada atormentando a miña alma e o meu corazón. Eu e o demo. O demo e eu. A dor da soidade necrosa a miña pel, necrosa as miñas entrañas, froito desa escuridade, desa pena, desa mágoa, deses pensamentos enfermizos que inundan a calma. O demo e eu. Eu e o demo. Simplemente sento e penso á vez que as bágoas percorren esta pel necrosada, imaxinando a tomba de incertezas para decorar a morte cando chegue a miña (tan ansiada) hora. Eu e o demo. O demo e eu. As voces que me chaman de cada vez están máis preto, e, por fin, vislumbra e vexo ao villano dos meus sentimentos, a pantasma do pasado que retorna a cada momento de decadencia. O demo e eu. Eu e o demo. E o sorriso indecente aparece na escuridade da mente, na escuridade do pensamento, acompañado pola necrose do ser, polas bágoas perdidas, polo sufrimento da pantasma que se burla da hipocresía humana. E a...