Inquedanzas

Dende que tiña uso de razón, sempre soñou con consquistar o mundo. Quería reinalo, dominalo, desexaba ser a monarca absoluta. Fantaseaba cos milleiros de vidas que tería nas súas mans, co feixe de lugares exóticos aos que podería viaxar. Imaxinábase sentada nun impoñente trono e cunha coroa sobre a súa cabeza, decorada con fermosas xoias vermellas. Non había nada máis no mundo que tanto anhelara, pero entón todos os seus soños, as súas fantasías, todas as súas inquedanzas quedaron esquecidas, cambiadas por outras novas.
Dende entón soñaba con pertencer, ser alguén para o mundo, ser recoñecida, desexaba formar parte da súa existencia. Fanteseaba cos milleiros de segundos que desexaba gastar nesa causa, cos lugares exóticos aos que podería viaxar. Imaxinábase sentada no chan cun radiante sorriso debuxando a súa cara, coa cabeza decorada de revoltoso rizos, curtos. Cambiaran os seus soños, pois dende que a coñeceu, ela pasou a ser o seu mundo.

Comentarios

Publicacións populares