Nun buque

Cando o ceo me busque

atoparame ocupada,

atoparame ensimismada

nesa mirada.

Naufrago nun buque

cara a unha illa deserta

de areas morenas,

con doces mareas.

Escurece a miña alma

esas falanxes pedragosas,

afiadas,

delgadas,

que tocan enteiro

o meu ser cheo,

non baleiro.

As miñas entrañas

soan abrumadas

por esas grandes ondas

de espuma decorosa.

Un corte limpo na miña pel,

nas miñas lembranzas.

Xélido aire que me percorre os ósos

de socato,

con tanto ímpetu que caio

nun profundo buraco.

A lonicera

florece,

mais nela non hai máis que espinas

que se cravan tan fondo

que morro

de angustia preconcebida

por estas inquedanzas

que danzan

no meu interior.

Esa or

a mel

delata que nel

se produciría

a derradeira mordedura

desas flores marchitas, acibeche negro

inundándome o peito

de arrepiante dor

dourada.

A bágoas semellan

o sangue que xa marchara.

Comentarios

Publicacións populares