Deixarte
Ao avó
A luz apágase ante a nosa vista,
as flores resultan marchitas
pola falta de luminosidade.
Mustia a esperanza desgarradora
musitando palabras malditas
dunha profundidade
que, incluso, resultan tranquilizadoras
en consecuencia da longa
marcha,
da triste danza
das mentes estupefactas,
asombradas
ante o inhóspito destino.
Será este o noso sino?
A dúbida, a incerteza,
a culpa e a decadencia
consúmenos de tal xeito
que non somos quen de entendelo.
O desexo
divino
e irrespectuoso
búrlase ante os nosos ollos
repletos
de incredulidade impotente.
E, namentres,
eses dentes
son cravados por rogarte.
Co sinxelo que foi quererte,
e que difícil parece deixarte!
Comentarios
Publicar un comentario