O demo e eu
O demo e eu.
Eu e o demo.
Sento na cadeira fría e ríxida do meu cuarto, na escuridade da miña mente, da escuridade da vida pasada atormentando a miña alma e o meu corazón.
Eu e o demo.
O demo e eu.
A dor da soidade necrosa a miña pel, necrosa as miñas entrañas, froito desa escuridade, desa pena, desa mágoa, deses pensamentos enfermizos que inundan a calma.
O demo e eu.
Eu e o demo.
Simplemente sento e penso á vez que as bágoas percorren esta pel necrosada, imaxinando a tomba de incertezas para decorar a morte cando chegue a miña (tan ansiada) hora.
Eu e o demo.
O demo e eu.
As voces que me chaman de cada vez están máis preto, e, por fin, vislumbra e vexo ao villano dos meus sentimentos, a pantasma do pasado que retorna a cada momento de decadencia.
O demo e eu.
Eu e o demo.
E o sorriso indecente aparece na escuridade da mente, na escuridade do pensamento, acompañado pola necrose do ser, polas bágoas perdidas, polo sufrimento da pantasma que se burla da hipocresía humana.
E ao final comprendo, que estou soa, que non hai pantasma na escuridade, pois eu son o demo.
Comentarios
Publicar un comentario