Erro
Hai quen pensa que non estou nas miñas plenas
capacidades mentais,
que só son unha meniña estúpida con soños
imposíbeis,
que nunca serei nada do que ansío,
que xamais obterei aquilo que quero,
polo que
loito,
que acabarei por ser unha conformista máis.
Hai quen opina que o mundo non cambia,
que só se move moi lentamente,
que eu son unha ambiciosa,
parva por crer nalgo que, como din, xamais
ocorrerá,
por defender ante todo os meus ideais,
por estar preparada para morrer nesta loita no
camiño do que persigo.
Hai quen cre firmemente que estou errada,
que todos os meus pensamentos o están,
que non vexo as cousas como son,
imaxinándome deste xeito feitos imposíbeis,
que
non existen.
Hai quen di que eu son un erro da sociedade,
pero o que non saben é que me gusta ser ese
erro.
Comentarios
Publicar un comentario