Flores de cereixo
Sutil observador,
apareces como as flores
da primavera,
chegas sen previo aviso,
marchas cedo.
A túa existencia non
é máis que unha ilusión
e os teus bicos son
un simple soño.
Xogo co teu pelo,
delicioso,
negro acibeche fundido
que escorrega de entre
os meus dedos
mentres só penso
nesas flores de cereixo
que decoran os teu ollos
nesa elegante harmonía
só propia do teu corpo.
Comentarios
Publicar un comentario