Candela

                                                    Á miña avoa.

Es coma unha candela.

Chegas na escuridade,

iluminas o meu mundo,

a miña habitación

nesas noites nas que

non podo durmir.

Mais a túa chama é débil,

semella desaparecer,

escurecendo a miña vida.

Eran os teus ollos verdes

os que permitían que

eu puidera durmir.

Eran os teus rizos castaños

e a túa doce voz

o que me calmaba.

A túa existencia parece efímera,

parece que só duraches

un suspiro

na miña memoria.

Parece que todo foi un soño,

marabilloso;

quen me dera volver soñalo.

A túa luz apágase

como a chama desa candela,

como a chama que dá a túa vida.

Comentarios

Publicacións populares