Serea

Non son máis que unha serea

pequena

de diminutas escamas

nas aletas

que nada nunha mar

negra

de espuma

escura

que decora o teu corpo

con tanto decoro

que parece un soño,

que parece unha idea

malfeita

que pouco a pouco se apodera

da miña mente,

tan obsoleta.

Nado entre esa pel

lisa

recuberta por esa deliciosa

lanuxe escura,

tan pura,

erizada polas ondas

producidas polas miñas aletas

que golpean a auga

que esa espuma agocha

entre esa negrura espesa.

Comentarios

Publicacións populares