O mundo

Sentíase durmir.
Observaba todo no seu redor. As persoas, os obxectos inanimados, a lámpada a piques de se fundir, as pequenas partículas de po que bailaban lentamente baixo aquela amarela luz artificial. Ogallá formara parte dese po, pensou. Ansiaba percorrer o mundo. Adoitaba pensar que a súa vida non significaba máis que as demais, mais tamén adoitaba crer que, se nacera, se a natureza lle tiña agasallado cunha conciencia, cun corpo, sería pois, tal vez, porque para algo tivera nacido.
Teño que percorrer o mundo, berrou. Mais, cando o dicía nunha voz demasiado alta, o mundo dicía que non era digno para ser percorrido por aquela alma vulgar, por aquel corpo comunmente distinto. O mundo decatábase, oíano berrar, e volvíase cruel, amargo; volvíase nun mundo que ninguén desexaría ter percorrido.
Debido a isto, deixou de berrar para falar a modiño.
Teño que percorrer o mundo, dixo a modo. E o mundo converteuse nun averno redondo, sanguinolento, volveuse nun mercenario con sede de sangue.
Así que deixou de falar a modo para facelo en voz baixiña.
Teño que percorrer o mundo, rumoreaba. E o mundo semellaba ter mellor oído que a maioría da xente, escoitábao de volvíase o peor pesadelo que podería ter soñado.
Polo que deixou de dicilo de dicilo, pasando con medo.
Teño que percorrer o mundo, pensou, pechando os ollos, temendo o peor. Pero o mundo non o oíu, pois non pronunciara ningún tipo de son, así que seguiu sendo o mesmo
Co tempo acostumouse a pensar, e co paso dos anos, ese pensamentos quedaron agochados en soños que lle agasallaba a súa mente nas noites na que o luar inundaba as rúas, nas noites de chuvia.

Sentíase morrer.

Comentarios

Publicacións populares