Pequena

Non son máis que un ser diminuto,

unha nena pequena

de cara inocente,

de doce sorriso e

ollos portadores dunha

pésima luminosidade agochada

nalgún remoto lugar do meu corpo,

ollos asombrados pola enormidade,

por esa grandeza

propia do mundo

no que pretendo sobrevivir,

facéndoo en van, pois

non son máis que un ser diminuto,

unha anana perdida

nun reino de xigantes,

son algo insignificante

comparada con estes grandes seres,

enormes,

aos que observo coa máxima

incredulidade que son

capaz de mostrar

coa miña cara miúda,

co meu corpo

baleiro de sentimentos,

de talentos e habilidades,

de ánimos,

desprovisto de absolutamente

todo aquilo esperado en min,

nun ser coas miñas características.

Non son máis que un ser diminuto


pretendendo alcanzar a enormidade.

Comentarios

Publicacións populares