Poema a un oso
Por que os teus ollos me miran
e, atentos,
indican
que a chegada do bico,
tan lindo,
está preto?
Os teus beizos
son versos,
son pura poesía.
Que ledicia
a miña!
Só suspiro
e contemplo
ese rostro,
fermoso,
tan precioso
que me agarima as meixelas
con esa barba negra
repleta
de trenzas
e margaridas nelas.
Soño con esos brazos
que me apertan
o meu corpo miúdo,
tan pequena
que diminúo
cando estás ao meu lado,
acostado,
rodeado
polo meu corpo.
Desfruto observando
eses ollos, castaños,
escuros e, á vez, claros,
que me incitan a bicalos
coa miña mirada
tímida e ilusionada.
Por que es puro arte?
Imposíbel non amarte.
Comentarios
Publicar un comentario