Bonecas
Silencio. Todo
estaba no máis absoluto silencio. Miradas curiosas e dalgún xeito enfurecidas
observaban os ollos das máscaras que portaban o resto das bonecas. Todas
posuían un enorme sorriso de gran ledicia e cordialidade que se transportaba,
quizais polo aire, aos ollos, mais as olladas resultaban distintas, agasallando
sensacións opostas. Ela era a única que non tiña máscara, a única que observaba
o mesmo que os seus ollos, a única que falaba sen ese sorriso debuxado,
artificial; aquilo levouna á súa perdición.
Aquelas bonecas de
plástico resultaban ser proxectos da sociedade, esa gran titiriteira que
amarraba os fíos que suxeitan os corpos desprovistos de mente e alma. Unha
boneca atopara un pequeno anaco de vidro, pudendo así esnaquizar eses fíos que
a ataban, desmantelando toda a rede de mentiras e falsidades agochadas por
aquel home superior, por aquel omnipotente Nous.
Aquela boneca
conseguiu saír da esfera de Parménides, da gaiola que a mantiña retida durante
toda a súa existencia.
Aquela boneca xamais
esqueceu estar feita de sementes de boneca, xamais esqueceu o seu pasado, os
fíos enredados, pero aquela boneca xamais cambiou de parecer, de ideais.
O mundo non
remataba non límites da esfera.
Comentarios
Publicar un comentario