Rebelde

Mentiría se dixese que dentro de min non se atopa un anaco de rebeldía loitando contra a resignación, mentiría se non falase de todas as miñas inquedanzas que saen fóra de min só mediante reivindicacións.
A caso é rebelde alguén que, día tras día, reivindica os seus ideais, a pesar de non ser convencionais ou catalogados como normais?
Mentiría se dixese que dentro de min se atopa un anaco de resignación, pero tamén mentiría se afirmase que son unha antisistema, incluso na máis pequena cuestión que alguén se podería facer no día a día.
Semella inútil renunciar a ser un mesmo para ser unha mascota do sistema, ser unha contradición con pernas. Non son rebelde, pero nunca claudicarei.

Comentarios

Publicacións populares